03/02/2010

O meu taller remozado

O sábado estiven limpando e ordenando o taller, facendo sitio e deixando todo un pouquiño máis cómodo para comezar novos proxectos. Hai que ver a cantidade de cousas qeu gardamos por non querer desfacernos delas e total non van servir para máis. Eu son de acumular, tirar pouco, pero esta vez pechei os ollos e conseguín liberarme un pouco.




No fondo deixei un espazo limpo (relativamente) para poder traballar co papel, gardar as estampas e nunha vitrina os libros. Tamén e onde está a cámara para insolar os fotopolímeros.


A vitrina quedou moi fermosa. Xa non tiña sitio arriba, na casa. É o primeiro moble que merquei a primeira vez que vivín soa e dende aquela sempre me acompañou en todas as miñas mudanzas, non sei como tanto aguanta, así que agora está coas cousas que máis me gustan.









Debaixo do tórculo Xacobe me fixo varios estantes, así que agora podo gardar ahí os fieltros, algúns grabados para reciclar, carpetiñas e que sei eu cantas cousas máis.








Tamén me construíu este maravilloso fregadeiro (sen unha punta) que en calquera taller de gavado é algo imprescindible. Non é máis que un prato de ducha sobre unha estructura de madeira. Debaixo hai sitio para gardar as cubetas e os productos de limpeza.


E entre o planeiro e o fregadeiro hai unha mesiña cunha prensa pequeniña que merquei hai tempo no rastro de Madrid e, aproveitando uns soportes para pipetas que rescatei do lixo na miña facultade podo colocar as miñas gubias, puntas, limas... Tamén salvei unhas fermosísimas caixas de madeira que tiven tratar un pouco contra a carcoma, pero ahí están. E como hai que aproveitar todos os espazos, nesa mesa colguei unha rexa (tamén do lixo de Madrid), na que colgo os rodillos.



Non poden faltar as tintas, sales, aceites, barnices, ácidos... e todos eses sólidos e líquidos sin os que non se pode cociñar nun taller de gravado. Todo iso vai, ben ordenadiño, nuns anaqueis que merquei en Ikea. E digo ben ordenadiño pporqeu se non se ten así, non cabe nada, son moitas cousas as necesarias para facer un gravado.






E, como non, a mesa, tal vez demasiado grande para o taller pero que sempre encho. O bó que ten é que leva rodas e podo movela par onde queira en cada momento. Tamén ten estantes e neles gardo matrices vellas, matrices novas, caixóns cos trapos e tarlatanas, óleos e acrílicos...






Xa case pegadiña á porta, para que teña luz suficiente hai un pequeno pupitre de madeira, deses que se utilizaban nas escolas rurais de Galicia e, parece ser que do mundo enteiro porque Ali Ali dí que é igualiño ao que el tiña en Siria de neno. Foi un agasallo de Manoel e María para Violeta e que ten alí, co seu cabalete ao lado, para poder pintar xuntas, así que agora é un taller compartido.

















02/02/2010

flores





















O domingo pasamos un día fantástico en boa compañía: Ramiro Torres, Isa, Xacobe, Elizabeth Ross, Violeta e eu. Desoois dunha rica comida na cova de Cecebre estivemos vendo as diapositivas da viaxe que fixemos Xacobe e eu (a verdade é que Violeta tamén estaba pero só era unha pequena boliña na miña barriga). Foi unha viaxe fantástica, creo que a mellor que fixen e non é porque coñeza pouco mundo.

Destas diapos tan fermosa que fixo Xacobe rescatei unha, na que estou ulindo un ramo de flores. Foi no mosteiro de Sumela, no alto dunha montaña dos montes Maçka, en Trabzon. Eu estaba sentada mirando a marabaillosa paisaxe e veu un rapaz correndo e me agasallou con estas florciñas que colleu na montaña. Cincoanos despois, a casualidade deu en que Xacobe fixera outra fotografía, se cadra aínda máis fermosa, doutras flores, de metal, e, esta vez sí, Violeta que xa era bastante máis que unha boliña.

21/12/2009

Boas festas










Boas festas - felices fiestas - merry chritsmas - أجمل التهاني بمناسبة الميلاد و حلول السنة الجديدة Bones Navidaes y Gayoleru añu nuevu!- Zorionak eta urte berri on - Afvcke Nettvcakorakko - Sretna Nova godina! - Veselé vánoce a šťastný nový rok - Prettige kerstdagen en een Gelukkig Nieuwjaar! Zalig kerstfeest en Gelu...kkig Nieuwjaar - Ĝojan/Bonan Kristnaskon kaj feliĉan novan jaron - Hyvää joulua ja onnellista uutta vuotta - Joyeux Noël et bonne année - Fröhliche Weihnachten - Bon Nadal i feliç any nou- und ein gutes neues Jahr - Καλά Χριστούγεννα! - Nollaig shona duit - Buon Natale e felice anno nuovo - merī kurisumasu - Wesołych świąt i szczęśliwego nowego roku - Feliz Natal e próspero ano novo - Crăciun fericit şi un An Nou Fericit - С наступающим Новым Годом - God jul och gott nytt år - İyi Noeller ve Mutlu Yıllar

15/12/2009

arTeu en Cambre: a miña obra "ao fresquiño"

Dentro do proxecto de arTeu de poñer arte na rúa, podedes ver as miñas obras entre peixes, na peixería "O Fresquiño" de Cambre.




Tamén podedes ver unha noticia na prensa en La Opinión da Coruña sobre este evento.

11/12/2009

arTeu en Cambre 2009

Xacobe Meléndrez e eu creamos un colectivo, arTeu, coa idea de achegar a arte á sociedade e á rúa. Xa sabemos que a maioría da xente non vai ás exposicións, ás galerías nin museos, así que llo facilitamos, levámoslle a arte aos establecementos que frecuentan.
Neste Nadal arte na rúa: 20 artistas en 17 locais de Cambre do 12 de decembro ao 4 de xaneiro.

A miña obra pódese ver na peixería "O Fresquiño" (Cambre).

11/11/2009

Un dos últimos cadros



mixta sobre lenzo 140x140 cm

Radiografía do medo

Aquí podedes ver algunhas das fotos da mostra de mail art "radiografía do medo" que organicei para a Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación. Quedou moi chula e axudáronnos moito os profesores e alumnas de plástica da Facultade.

24/09/2009

Concerto de cinzas e vagalumes


Vendo xogar a Violeta e duas amigas na praia xurdiu a idea deste poema.


Concerto de cinzas e vagalumes

Adagio

Tres fadiñas fenden as máns en areas douradas
achéganse á escuma,
círculos concéntricos de gaivotas no ar,
voltas e peíños quentes,
espigan cunchas de mel e de vento.

Andante con espressione

Meniños de tépedos ollos
xogan á guerra entre arames azuis,
fenden as máns húmidas, furtivas, no ferro das armas,
mareas de prata, sen luvas.

Allegro vivace

Tres fadiñas remexen nas roupas da terra,
espellos elípticos,
vagalumes no escuro silencio.
Ao lonxe, corvos mariños,
e o monótono son dun barco cargueiro.

Grave

Navíos que baten contra palabras mortas,
estrugas de infancia durmida.
Exércitos de nenos,
serpes entre as fiestras das rúas,
latexando sen tregua.

Scherzo

Tres fadiñas verquen raiolas,
cantos con beizos de peixe,
princesas de corais
e espirais de moléculas,
cobizan soños adiados de burbullas níveas.

Finale

Átomos de fame,
violentos cantos sen contos,
aloumiños de morte,
esmorecen na cinza.
E, tras o ecoar da pólvora, o silencio.

Cecebre, setembro 2009

18/09/2009

Vacacións productivas

O outono achégase silandeiro, deixando a nostalxia de días dourados e quentes. A chuvia tenta coarse, lene, entre os pliegues do meu corpo, muiñando os ósos. Atrás quedan os días das cores vivas, dos ollos cheos, das máns tinguidas, do sal, da area e a escuma, do lento libar no tempo.


Sinto xa o crebar dos días, o comezo do trasego, do ir e vir como o vento.


Mixta sobre lenzo e táboa






27/08/2009

Workshop de gravura en Vilanova de Cerveira


O sábado e domingo pasados asistín en Vilanova da Cerveira, na casa do artista, a un curso de gravado impartido por Masataca Kuroyanagi y Choichi Nishikawa. Ambos amosaronnos os seus fermosísimos traballos e contáronnos o seu proceso de creación. Masataka traballa sobre todo con mezzotinta (manera negra) e despois dun lento proceso de graneado co berceaux (10 horas diarias, ás veces durante 3 meses, dependo do tamaño da matriz), pasa ao delicado momento do entintado e estampado. Choichi, realiza sobre todo monotipos, que combina cunha especie de técnica litográfia con insolación solar e gofrado. Cando chegou o momento da práctica fixemos algúns monotipos, dos que deixamos un para os anfitrións e organizadores da Bienal de Cerveira. Iste é o que fixen eu, fotografiado por Juan Ondategui. Foron dous días estupendos, aprendimos cousas novas e sobre todo, coñecimos máis a Masataka e Choichi, puidemos estar de novo coas nosas amigas da Asociación Matriz (Porto) e coñecimos moita xente nova. Son desas cousas improvisadas que fan maravillos o día a día.




20/08/2009

participación na convocatoria de arte postal do Taller de Zenón

CONVOCATORIA de Planchas de sellos / Stamps sheets
Los sellos nacen reunidos en Hojas, Bloques o Planchas y se desprenden de ellos cuando cumplen la edad adulta…Crea una o varias planchas de sellos de artista con cualquier tema y técnica.El Taller de Zenon te enviará algunos de sus bloques creados recientemente y los sellos de artista recibidos se exhibirán progresivamente en este blog.Tamaño A4 o A5. Cualquier técnica. Fecha límite 31 dic 2009. Tema libre ( Ver sugerencias)Enviar a :Miguel Jimenez - El Taller de Zenón C/ Santa Maria de Guia 1 - 4C ES-41008 Sevilla, EspañaSugerencias:El erotismo siempre ha sido uno de los motores del ser humano. ¿Sigue siéndolo en estos tiempos, le ha afectado la actual crisis mundial? Considera la opción de trabajar sobre el tema del erotismo en todas sus variantes, el tamaño del sello se adapta perfectamente al tema y resultará interesante comprobar cómo está afectando la crisis actual al erotismo en el arte postal.

A miña participación: